Capela do Tremo


Capela de Nosa Señora da Guadalupe

Á par do balneario do Tremo, na parroquia de Os Ánxeles, foi construída pouco antes de 1772, segundo o libro de fábrica da parroquia, unha pequena capela e reformada con posterioridade en 1792, quedando a arquitectura que hoxe en día disfrutamos. Cun patio que a antecede, onde a fonte coa escultura de Vicente Ramos, feitura de Francisco Asorey, vixía a todos aqueles que se achegan a beber das súas limpas augas.

Un edificio de planta rectangular, de nave única e pequenas dimensións, presenta un templo no que a penas sobresaen as capelas. Cun teito de madeira en orixe e sustituido por formigón armado, agás no presbiterio onde se utilizou o abovedamento. 

No seu interior, destaca un retablo de pedra propio da segunda metade do XVIII. Formado por dous corpos na banda central e un nas laterais, separados por columnas. No espazo central, destaca o conxunto do sagrario e o expositor sobre o que se asenta a imaxe titular. Enriba desta, aparece a imaxe de San Miguel coa da Inmaculada e San Xosé nos laterais da mesma. 

Ademais destas, temos dúas tallas de Nosa Señora de Guadalupe datadas cara 1760. Unha en madeira e outra en pedra. Ambas acompañadas por unha imaxe de Santa Bárbara tamén pétrea, situada no expositor. E entre as modernas temos a de San Ramón Nonato, obra de Xosé Rivas. 

A pequena capela, hoxe en día, está en uso e nela son recoñecidas as festividades de San Ramón así como as da Nosa Señora de Guadalupe. Pero, ademais das festas patronais, cabe destacar o Belén de dimensións considerables que se expón no seu interior durante a época do Nadal.


Capilla de Nuestra Señora de Guadalupe

Al lado del balneario de O Tremo, en la parroquia de Os Ánxeles, fue construida poco antes de 1772, según el libro de fábrica de la parroquia, una pequeña capilla y reformada con posterioridad en 1792, quedando la arquitectura que hoy en día disfrutamos. Con un patio que la antecede, donde la fuente con la escultura de Vicente Ramos, obra de Francisco Asorey, vigila a todos aquellos que se acercan a beber de sus limpias aguas.

Un edificio de planta rectangular, de nave única y pequeñas dimensiones, presenta un templo en el que apenas sobresalen las capillas. Con un techo de madera en origen y sustituido por hormigón armado, excepto en el presbiterio donde se utilizó el abovedamiento. 

En su interior destaca un retablo de piedra propio de la segunda mitad del XVIII. Formado por dos cuerpos en la banda central y uno en las laterales, separados por columnas. En el espacio central destaca el conjunto de sagrario y expositor sobre el que se asienta la imagen titular. Encima de esta, aparece la imagen de San Miguel con la de la Inmaculada y San José en los laterales de la misma. 

Además de estas, tenemos dos tallas de Nuestra Señora de Guadalupe fechadas hacia 1760. Una en madera y otra en piedra. Ambas acompañadas por una imagen de Santa Bárbara también pétrea, situada en el expositor. Y entre las modernas tenemos la de San Ramón Nonato, obra de José Rivas.

La pequeña capilla, hoy en día, está en uso y en ella son reconocidas las festividades de San Ramón así como las de Nuestra Señora de Guadalupe. Pero, además de las fiestas patronales, cabe destacar el Belén de dimensiones considerables que se expone en su interior durante la época de Navidad.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © Patrimonio relixioso de Brión | Concello de Brión