Capela de Santa Minia



Capela de Santa Minia

A construción arquitectónica de Santa Minia non se entende sen a imaxe da santa a cal se dedica ó completo o templo. 

A súa historia está envolta en lendas e carece de sentido sen a personalidade de Luis Tobío, un antigo veciño do concello. Este, como tantos outros tivo que emigrar, no seu caso a Cádiz onde traballaría para un rico comerciante da zona. O home posuía un oratorio privado onde gardaba unha curiosa figura de cera enriba dunha lápida de mármore. Nela constaba o nome de Minia in somno. Uns restos que parece seren extraídos da catacumba romana de Santa Inés polo bispo Bartolomé Menochio e mandato do papa Pío VII. A talla foi mudando de mans hasta quedar nas de ese rico comerciante que llela acabou entregando a Luís Tobío, o cal non dubidou en traela a súa terra. 

Así a imaxe, viaxou en barco dende Cádiz ata o porto de Vigo e en carro hasta Brión chegando, segundo consta na documentación correspondente, a principios de agosto do 1848. Para a súa devoción xerouse unha furna de cristal dende a cal a admiramos hoxe en día. 

Nun primeiro momento, esta descansaría na igrexa parroquial pero en 1849, o arcebispo tras numerosas peticións de párrocos e veciños entre os cales volve estar presente o nome de Luís Tobío, autorizou a construción dunha capela propia. A obra quedou en mans de Manuel de Prado y Valls, fillo do recoñecido arquitecto Melchor de Prado. 

A nave e a sancristía construíronse entre 1851 e 1857, trasladando as reliquias o 26 de Setembro de 1868, véspera do día principal da festividade da santa. Tras este feito entrouse no remate das obras que se alargaron ata 1973 cos traballos de consolidación e limpeza. Deixando unha fermosa capela de nave única, cunha cúpula que se percibe con claridade no exterior. Toda ela disposta no seu interior para ter unha perfecta visión da santa, acompañada nos seus laterais pola Virxe de Luján e a de Lourdes, esta última envolta nun curioso retablo que simula un conxunto de rocas.

A día de hoxe, a romaría de Santa Minia segue a ser unha das máis importantes da zona e atrae a milleiros de persoas devotas da santa milagreira. 


Capilla de Santa Minia

La construcción arquitectónica de Santa Minia no se entiende sin la imagen de la santa a la cual se dedica el completo del templo. 

Su historia está envuelta en leyendas y no se entiende sin la personalidad de Luis Tobío, un antiguo vecino del ayuntamiento. Este, como tantos otros se vio obligado a emigrar, en su caso a Cádiz, donde trabajaría para un rico comerciante de la zona. El hombre poseía un oratorio privado donde guardaba una curiosa figura de cera encima de una lápida de mármol. En ella, constaba el nombre de Minia in somno. Unos restos que parecen haber sido extraídos de la catacumba romana de Santa Inés por el bispo Bartolomé Menochio y mandato del papa Pío VII. La talla fue mudando de manos hasta quedar en las de ese rico comerciante que se la acabo entregando a Luís Tobío, el cual no dudó en traerla a su tierra. 

Así la imagen, viajó en barco desde Cádiz hasta el puerto de Vigo, y en carro hasta Brión. Llegando, según consta en la documentación correspondiente, a principios de agosto do 1848. Para su devoción se generó una urna de cristal desde la cual la admiramos hoy en día. 

En un primer momento, esta descansaría en la iglesia parroquial. Pero en 1849, el arcebispo, tras numerosas peticiones de párrocos y vecinos entre los cales vuelve a estar presente el nombre de Luís Tobío, autorizó la construcción de una capilla propia. La obra quedó en manos de Manuel de Prado y Valls, hijo del reconocido arquitecto Melchor de Prado. 

La nave y la sacristía se construyeron entre 1851 e 1857, trasladando las reliquias el 26 de Septiembre de 1868, víspera del día principal de la festividad de la santa. Tras este hecho, entramos en la recta final de las obras que se alargarían hasta 1973 con los trabajos de consolidación y limpieza. Dejando una hermosa capilla de nave única, con una cúpula que se percibe con claridad al exterior. Toda ella dispuesta en su interior para tener una perfecta visión de la santa, acompañada en sus laterales por la Virgen de Luján y la de Lourdes, esta última envuelta en un curioso retablo que simula un conjunto de rocas.

A día de hoy, la romería de Santa Minia sigue siendo una de las más importantes de la zona y atrae a miles de personas devotas de la santa milagrosa.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © Patrimonio relixioso de Brión | Concello de Brión