Igrexa de Santa María de Cornanda

Santa María de Cornanda
Na chamada Aldea da Graña, na parroquia de Cornanda, encontramos esta pequena igrexa que data do século XVII; de planta rectangular onde o presbiterio é lixeiramente máis estreito que o resto da planta, debido a unha substitución posterior. 

A fachada que nos da a benvida, destaca pola súa sinxeleza e pola espadana dun único corpo con dúas campás que a remata. Así mesmo, nun dos ángulos da igrexa atopamos un conservado reloxo de sol. Todo elo baixo unha cuberta de dúas augas sustentada por un armazón de madeira conformada por travesías, sistema de tesoiras e pontóns, agás o presbiterio, o cal foi cuberto con posterioridade a partir de formigón armado. Tras a porta principal, atopamos unha nave cuxo primeiro treito funciona a modo de nártex, acollendo nel a pila bautismal e as escaleiras de acceso a espadana das campás. Seguidamente, entramos na nave reservada para o uso dos fieis.  

Xa no interior e dando conta do mobiliario, faise referencia ao primeiro retablo documentado o cal levaría a figura de Dios Pai no frontispicio. Está asinado no 28 de setembro de 1633 segundo o contrato pero, non conservamos ningún ápice da súa existencia máis que os documentos de obra. 
Sustituíndo este, temos o da capela maior, dos últimos anos do século XVII e primeiros do XVIII. Consta de dous corpos. No primeiro, atendendo ó estilo barroco, separado por columnas salomónicas, encontramos as imaxes da Asunción da Virxe, San Xosé e Santo Antonio de Padua. No segundo corpo, atopamos unha única fornela na que habitaría unha preciosa imaxe gótica da Virxe sentada co neno, e este sostendo a bola do mundo na man esquerda e coa dereita en actitude de bendicir. Esta fermosa imaxe pode datar do século XV. Por desgraza, a día de hoxe, no seu sitio e debido a un roubo documentado en 1974, atopamos unha Inmaculada Concepción do segundo terzo do XVIII que puido ser fazaña de Gregorio Fernández, un dos escultores máis recoñecidos do barroco galego. Ao carón dela, as imaxes de Santa Xertrude de finais do XVII e Santa Lucía.


Santa María de Cornanda
 
En la llamada Aldea da Graña, en la parroquia de Cornanda, encontramos esta pequeña iglesia fechada en el siglo XVII; con planta rectangular donde el presbiterio es ligeramente más estrecho que el resto de la planta, debido a una sustitución posterior. 

La fachada que nos da la bienvenida, destaca por su sencillez y por la espadaña de un único cuerpo con dos campanas que la rematan. Así mismo, en uno de los ángulos de la iglesia encontramos un conservado reloj de sol. Todo ello, bajo una cubierta de dos aguas sustentada por un armazón de madera conformada por travesías, sistemas de tijeras y pontones, excepto el presbiterio, el cual fue cubierto con posterioridad a partir de hormigón armado. Tras la puerta principal, encontramos una nave cuyo primer trecho funciona a modo de nártex, acogiendo en el la pila bautismal y las escaleras de acceso a la espadaña de las campanas. Seguidamente, entramos en la nave reservada para el uso de los fieles.  

Ya en el interior y dando cuenta del mobiliario, se hace referencia al primer retablo documentado, el cual llevaría la figura de Dios Padre en el frontispicio. Está firmado en el 28 de Septiembre de 1633 según el contrato pero, no conservamos ningún ápice de su existencia más que los documentos de obra. 
Sustituyendo este, tenemos el de la capilla mayor, de los últimos años del siglo XVII y primeros del XVIII. Consta de dos cuerpos. En el primero, atendiendo al estilo barroco, separado por columnas salomónicas, encontramos las imágenes de la Asunción de la Virgen, San José y Santo Antonio de Padua. En el segundo cuerpo encontramos una única hornacina en la que habitaría una preciosa imagen gótica de la Virgen sentada con el niño, y este sosteniendo la bola del mundo en la mano izquierda y con la derecha en actitud de bendecir. Esta hermosa imagen podría ser del siglo XV. Por desgracia, a día de hoy, en su sitio y debido a un robo documentado en 1974, encontramos una Inmaculada Concepción del segundo tercio del XVIII que pudo ser realizada por Gregorio Fernández, uno de los escultores más reconocidos del barroco gallego. A su lado, las imágenes de Santa Gertrudis de finales del XVII y Santa Lucía.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © Patrimonio relixioso de Brión | Concello de Brión