Igrexa de Santa María de Ons

Santa María de Ons

Na ferigresía de Ons, no Lugar da Fonte Paredes, encóntrase o actual templo. Unha das primeiras mostras do Neoclásico no concello. Anteriormente, este estaría no lugar de Ingrés, ao lado da actual situación. Debido ao lamentable estado da construción orixinaria, cara 1788 comezouse coas obras do novo templo baixo o deseño de Xoán López Freire coa consecuente demolición do vello e o traslado temporal da imaxe do Santísimo. 

No ano seguinte, colocaríase a imaxe no novo espazo e levaríase a cabo a bendición solemne da nova igrexa. O que nos fai pensar que nese momento, xa estaría finalizada a capela e o retablo pétreo no que se colocaría ademais, a imaxe da Asunción da Virxe. Aínda así, as obras seguiron na data de 1791 pois existen documentos que corroboran o proxecto para a torre da fachada, feitura do mestre Xoán Domínguez.

A fachada de estilo neoclásico, presenta unha lixeira concavidade no seu corpo central quedando enmarcada por dúas pilastras. Estas a súa vez, soportan un entablamento formado por un arquitrabe e un friso liso, seguido dunha cornisa soportada por canzorros denticulados sobre os que se sitúa o frontón triangular do que emerxe a sinxela torre das campás. Dando lugar a ese estilo arquitectónico moito máis acorde cos ideais racionalistas da Ilustración que se impoñía no resto de Europa a finais do XVIII e que se afastaba con claridade, da ostentación que o barroco deixou nas zonas limítrofes.

O edificio preséntase cunha planta rectangular de nave única e presbiterio cadrado, cunha sancristía situada no lateral tendo unha primeira intención de capela, pois a idea inicial constaba dunha planta de cruz latina. Cuberta por bóveda de canón exceptuando o cruceiro para o que se recorre a de aresta.

No interior cabe destacar o retablo maior feito en pedra e tallado en 1789 polo escultor Antonio Fabeiro. Nel, o protagonismo queda en mans da imaxe da Asunción da Virxe rodeada de querubíns que a axudan no intento de ascensión cara o ceo. Todo elo, enmarcado por un pequeno arco triunfal sostido por un par de columnas e pintado na súa parte central no 1827, sendo repintado con posterioridade no 1875. Un retablo de enorme valor arquitectónico pero, non menos valor sentimental para os seus ferigreses. Foron eles os que, no 2007, levaron a cabo unha recolecta de diñeiro polo municipio, para conseguiren restaurar a xoia do altar maior. A restauración permitiu, non so a limpeza e consolidación da pedra e da policromía desta, senón tamén a recuperación das pinturas orixinais. Así, na súa parte central elimináronse os repintes, quedando un trono de nubes e raios ao redor da paloma, símbolo do Espírito Santo; dúas cabezas de anxos; e os lados, a decoración vexetal en relevo, a modo de guirnaldas.

A maiores do principal, a igrexa conta con dous retablos neoclásicos de madeira situados nos nichos laterais da nave. Un adicado a Inmaculada Concepción e habitado cunha imaxe moderna desta probablemente fazaña de Xosé Rivas; e o outro a Santo Antonio de Padua xunto coa imaxe de Santa Eufemia, datados entre o século XVIII ou de principios do XIX e rehabilitados, unha vez máis polos movementos veciñais, no 1999.

Do resto de imaxes destaca o grupo formado por San Pedro e San Paulo así como a imaxe de San Mateo. Todas elas situadas no altar maior. Tamén cabe nomear a de San Roque, a do Corazón de Xesús, quizais obra do escultor Manuel Miranda e por tanto datada cara mediados do XX.


Santa María de Ons

En la feligresía de Ons, en el Lugar de a Fonte Paredes se encuentra el actual templo, una de las primeras muestras del Neoclásico en el ayuntamiento. Anteriormente, este estaría en el lugar de Ingrés, al lado de la actual situación. Debido al lamentable estado de la construcción originaria, hacia 1788 se comenzó con las obras de nuevo templo bajo el diseño de Xoán López Freire con la consecuente demolición del viejo templo y el traslado temporal de la imagen del Santísimo.

En el año siguiente, se coloca la imagen en el nuevo templo y se lleva a cabo la bendición solemne de la nueva iglesia. Lo que nos hace pensar que en ese momento, ya estaba finalizada la capilla y el retablo pétreo en que se colocaría además, la imagen de la Asunción de la Virgen. Aun así, las obras continuaron, pues a fecha de 1791 existen documentos que corroboran el proyecto para la torre de la fachada, factura del maestro Juan Domínguez.

La fachada de estilo neoclásico presenta una ligera concavidad en su cuerpo central, quedando enmarcada por dos pilastras. Estas, a su vez, soportan un entablamento formado por un arquitrabe y un friso liso seguido de una cornisa soportada por canecillos denticulados sobre los que se sitúa el frontón triangular del que emerge la sencilla torre de las campanas. . Dando lugar a ese estilo arquitectónico mucho más acorde con los ideales racionalistas de la Ilustración, que se imponían en el resto de Europa a finales del XVIII e que se distanciaba con claridad, de la ostentación que el barroco dejó en las zonas limítrofes.

El edificio se presenta con una planta rectangular de nave única y presbiterio cuadrado, con una sacristía situada en el lateral teniendo una primera intención de capilla, pues la idea inicial constaba de una planta de cruz latina. Cubierta por bóveda de cañón exceptuando el crucero para el que se recurre a la de arista.

En el interior cabe destacar el retablo mayor hecho en piedra y tallado en 1789 por el escultor Antonio Fabeiro. En él, el protagonismo queda en manos de la imagen de la Asunción de la Virgen rodeada de querubines que la ayudan en su intento de ascensión al cielo. Todo ello, enmarcado por un pequeño arco triunfal sostenido por un par de columnas y pintado en su parte central en 1827, siendo repintado con posterioridad en 1875. Un retablo de valor arquitectónico enorme pero, no menos valor sentimental para sus feligreses. Fueron ellos los que, en 2007, llevaron a cabo una recolecta de dinero por el municipio, para conseguir restaurar la joya del altar mayor. La restauración permitió, no solo la limpieza y consolidación de la piedra y de la policromía de esta, sino también la recuperación de las pinturas originales. Así, en su parte central se eliminaron los repintes, quedando un trono de nubes y rayos alrededor de la paloma, símbolo del Espíritu Santo; dos cabezas de ángeles; y a los lados, la decoración vegetal en relieve, a modo de guirnaldas.

A mayores del principal, la iglesia cuenta con dos retablos neoclásicos de madera situados en los nichos laterales de la nave. Uno de ellos dedicado a la Inmaculada Concepción habitado con una imagen moderna de esta probablemente realizada por José Rivas; y el otro a Santo Antonio de Padua junto con la imagen de Santa Eufemia, fechados entre el siglo XVIII y principios del XIX XIX y rehabilitados, una vez más por los movimientos vecinales, en 1999.

Del resto de imágenes destaca el grupo formado por San Pedro y San Paulo así como la imagen de San Mateo. Todas ellas situadas en el altar mayor. También es oportuno nombrar las de San Roque, el Corazón de Jesús, quizás obra del escultor Manuel Miranda y por tanto fechada hacia mediados do XX.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © Patrimonio relixioso de Brión | Concello de Brión