Igrexa de San Salvador de Bastavales


San Salvador de Bastavales

Sobre un posible antecedente románico, situada na parte alta da parroquia de Bastavales, reformúlase a actual Igrexa de San Salvador en pleno século XVIII, no 1737 como se destaca no lintel da porta lateral. Anos despois, cara 1749, reedificaríase a sancristía e o presbiterio. Estas reformas e o mantemento das pegadas románicas da fachada principal e unha das laterais, explicarían o desencaixado da cabeceira e da sancristía. 

Todo elo, queda en mans dun edificio sinxelo dende a súa fachada que únicamente recorre ao barroco nas súas molduras saíntes, no oco central e nos pináculos nos extremos. Sobre esta, unha espadana portadora de dúas impoñentes campás dan presenza o espazo sagrado. 

Unha vez dentro, facémonos conscientes das pequenas dimensións que compoñen unha sinxela planta de nave única rectangular, cuberta cun teito de tendencia abovedada en madeira. Nos últimos anos, algúns espazos foron trocados por estruturas de cemento, conservando a madeira para lugares como o altar maior.

No fondo encontramos o retablo, datado a finais do século XIX e mostra do eclecticismo que este século deixou. Dividido en tres espazos separados por pilastras adosadas, onde o central conta con un corpo superior engadido. Na fornela central, mostrásenos a imaxe de San Salvador acompañada nos seus laterais pola da Virxe do Rosario e a de San Xosé. Todo elo, coroado nese corpo superior pola representación do Pai Eterno suxeitando a bola do mundo na súa man esquerda e a pomba do Espírito Santo na dereita. A estas, engádense outras esparexidas pola igrexa en nichos propios coma a de San Antonio de Padua o cal, ademais, sustenta a súa fornela sobre dous restos de columnas pétreas corintias probablemente partes formantes da antiga factura románica.


San Salvador de Bastavales

Sobre un posible antecedente románico, situada en la parte alta de la parroquia de Bastavales, se reformula la actual Iglesia de San Salvador en pleno siglo XVIII, en 1737 como se destaca en el lintel da la puerta lateral. Años después, hacia 1749, se redificaría la sacristía y el presbiterio. Estas reformas y el mantenimiento de las pegadas románicas de la fachada principal y una de las laterales, explicarían el desencajado de la cabecera y de la sacristía. 

Todo ello, queda en manos de un edificio sencillo desde su fachada, que únicamente recurre al barroco en sus molduras salientes, en un óculo central y en los pináculos de los extremos. Sobre esta, una espadaña portadora de dos imponentes campanas dan presencia al espacio sagrado. 

Una vez dentro, somos conscientes de las pequeñas dimensiones que componen una sencilla planta de nave única rectangular cubierta con una techumbre de tendencia abovedada en madera. En los últimos años, algunos espacios fueron trocados por estructuras de cemento, conservando la madera para lugares como el altar mayor.

En el fondo, encontramos el retablo fechado a finales del siglo XIX y muestra del eclecticismo que este siglo dejó. Dividido en tres espacios separados por pilastras adosadas, donde el central cuenta con un cuerpo superior añadido. En la hornacina central, se muestra la imagen de San Salvador acompañada en sus laterales por la de la Virgen del Rosario y la de San José. Todo ello, coronado en ese cuerpo superior por la representación del Padre Eterno sujetando la bola del mundo en su mano izquierda y la paloma del Espíritu Santo en la derecha. A estas se les añade otras esparcidas por iglesia en nichos propios como la de San Antonio de Padua el cual, además, sustenta su hornacina sobre dos restos de columnas pétreas corintias probablemente partes formantes de la antigua factura románica.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © Patrimonio relixioso de Brión | Concello de Brión