Igrexa de San Miguel de Boullón


San Miguel de Boullón

Situada nun dos altos da parroquia dende onde se aprecia o completo do val de Amaía, no mesmo lugar onde o Arzobispo Xelmírez mandou construír unha hospedaxe para arcebispos non conservada, é onde se levantará o edificio eclesiástico en funcionamento hoxe en día. Este data de finais do XVII.

Ao exterior preséntasenos como un edificio de planta rectangular con un engadido na parte posterior correspondente coa sancristía. A fachada principal conta con porta de arco estriado que da na súa parte alta, lugar a unha fornela coa imaxe da Virxe co neno. A este séguelle un oco central e unha espadana con dous corpos no cal se situarán as dúas campás. Decorado nas súas esquinas con pequenos pináculos que, xunto coas molduras saíntes, proporcionan o limitado movemento da fachada. 
No interior, a nave preséntase como unha nave rectangular de corpo único, o que nos fai falar da igrexa de Boullón como unha construción de pequenas dimensións, cuberta con bóveda de canón na súa totalidade. 
O espazo sagrado queda marcado pola sinxeleza. Os únicos retablos que se conservan son os laterais, un adicado a Santo Antonio de Padua e o outro a San Roque, ambos de mediados do XVIII amosando esa influencia rococó nun barroco xa asentado no concello. 

Ademais destes dous exemplos, son destacables as imaxes da Virxe do Rosario, a do arcanxo San Miguel e as de San Pedro e San Xosé, tallas do taller de Domingos Romay, datadas de 1725. De todas elas, posiblemente a de maior beleza sexa a do arcanxo San Miguel, situada na parede do altar. Entre as dúas portas de aceso a sancristía, preséntase o arcanxo en actitude de loita nun segundo corpo establecido sobre un primeiro adicado ao cordeiro sagrado. Acompañado aos lados pola Virxe do Rosario a súa dereita e por San Pedro portador das chaves do ceo que o identifica, a súa esquerda. 

En canto as pezas de ourivería cabe nomear a presenza dun cáliz no que se lee unha inscrición: San Miguel de Boullón Año d.1784; e unha cruz procesional coa de: Se hizo siendo Rector D. José Benito Dean Año de 1801.  


San Miguel de Boullon

Situada en uno de los altos de la parroquia desde donde se aprecia el completo de valle de Amaía, en el mismo lugar donde el Arzobispo Gelmírez mandó construir un hospedaje para arcebispos no conservado, se levantará el edificio eclesiástico en funcionamiento hoy en día. Este fecha de finales del XVII.

Al exterior se nos presenta como un edificio de planta rectangular con un añadido en la parte posterior correspondiente con la sacristía. La fachada principal cuenta con una puerta de arco estriado que da lugar en su parte alta, a una hornacina con la imagen de la Virgen con el niño. A esto le sigue un pequeño óculo central y una espadaña con dos cuerpos en los cuales se situarán las dos campanas. Decorando en sus esquinas con pequeños pináculos que, junto con las molduras salientes, proporcionan el limitado movimiento de la fachada.

En el interior, la nave se presenta como una nave rectangular de cuerpo único, lo que nos hace hablar de la iglesia de Boullón como una construcción de pequeñas dimensiones, cubiertas con bóveda de cañón en su totalidad. 
El espacio sagrado queda marcado por la sencillez. Los únicos retablos que se conservan son los laterales, uno dedicado a Santo Antonio de Padua y el otro a San Roque, ambos de mediados do XVIII mostrando esa influencia rococó en un barroco ya asentado en la zona. 

Además de estos dos ejemplos, son destacables las imágenes de la Virgen del Rosario, la del arcángel San Miguel y las de San Pedro y San José, tallas del taller de Domingos Romay fechadas de 1725. De todas ellas, posiblemente la de mayor belleza sea la del arcángel San Miguel, situada en la pared de altar. Entre las dos puertas de acceso a la sacristía, se presenta el arcángel en actitud de lucha, en un segundo cuerpo establecido sobre un primero a modo de base que acoge al cordero sagrado; acompañado a los lados por la Virgen del Rosario a su derecha y por San Pedro portador de las llaves del cielo que lo identifican, a su izquierda. 

En cuanto a las piezas de orfebrería, es destacable la presencia de un cáliz en el que se lee una inscripción: San Miguel de Boullón Año d.1784; y una cruz procesional con la de: Se hizo siendo Rector D. José Benito Dean Año de 1801. 

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © Patrimonio relixioso de Brión | Concello de Brión