Igrexa de Santa María de Viceso

Santa María de Viceso

No lugar de A Igrexa, en plena aldea de Viceso, atopamos unha igrexa completamente reformada a mediados do XVIII debido o mal estado no que se atopaba. Unhas obras que comezaron cara 1780, sendo o primeiro que se fixo, a fachada coa elegante torre situada no medio. O presbiterio e a sancristía son posteriores, do ano 1832 e 1835. Por último, xa en 1873, remataríase o edificio erguendo as capelas laterais e o corpo da nave. 

A reformulada igrexa presentase cunha fachada de estrutura cuadrangular, rematada nun frontón triangular e do que arranca a torre das campás. Unha fachada cuxa relevancia reside na relación coa escola compostelán de Simón Rodríguez, creadora de obras recoñecidas no ámbito compostelá como a fachada de Santa Clara na cidade. Toda ela, enmarcada por pilastras adosadas de orde dórica que sobresaen levemente para soster a cornisa e con ela os pináculos que rematan cada un dos laterais. No seu eixo central, acolle o portón de entrada cunha fornela na súa parte alta que cumpre o papel de vano e na que se sitúa a imaxe da Asunción da Virxe, labrada en 1984 por Antonio Fabeiro. Ambos elementos enmarcados de novo, por pilastras adosadas e molduras con forma de volutas que xogan cos  entrantes e saíntes tan recorrentes polo estilo barroco. 

Xa no interior, atopamos unha planta de cruz latina, coa capela maior cadrada, cuberta cunha bóveda de canón con pequenos lunetos excepto no cruceiro, para o que se vale de arcos faixóns de medio punto que descansan sobre pilastras de orde toscana, xerando con todo elo unha bóveda de aresta.

En canto ao mobiliario, debemos ter en conta a capela maior de estilo neoclásico, tallada con posterioridade as obras do presbiterio, cara 1835. Sobre o seu basamento, levántanse columnas de fuste liso e capitel composto, dividindo o retablo en tres bandas. Reservando a central para o sagrario e unha fornela con cúpula de media laranxa apoiada sobre columnas na que habita a Virxe baixo a advocación da Asunción. Acompañando a esta, atopamos as imaxes do Sagrado Corazón de Xesús e de San Domingos. O conxunto remata formando un frontón triangular que sostén dúas columnas centrais, sobre o que se representa o triángulo co ollo central rodeado de raios celestiais referencia ao “ollo que todo o ve”.

No referente o resto de retablos, atopamos un adicado a Inmaculada e outro a Virxe do Rosario, ambos de factura moderna. Neles, vemos as imaxes que conformarían a escena da Visitación, Santa Sabela e a Virxe; e a de Santa Lucía, ambas de comezos do XVIII. As tres, e sobre todo o conxunto escultórico, amósanse cargadas de movemento, xerando a teatralidade defendida polo barroco e dando lugar a unha maior interactuación entre as esculturas e entre estas cos fieis.


Santa María de Viceso

En el lugar de A Igrexa, en plena aldea de Viceso, nos encontramos una iglesia completamente reformada a mediados del XVIII debido al mal estado en el que se encontraba. Unas obras que comenzaron hacia 1780, siendo lo primero que se hizo, la fachada con la elegante torre situada en el medio. El presbiterio y la sacristía son posteriores, del año 1832 y 1835. Por último, ya en 1873 se finalizaría el edificio levantando las capillas laterales y el cuerpo de la nave. 

La reformulada iglesia se presenta con una fachada de estructura cuadrangular, coronada por un frontón triangular y del que arranca la torre de campanas. Una fachada cuya relevancia reside en la relación con la escuela compostelana de Simón Rodríguez, creadora de obras reconocidas en el ámbito compostelano como la fachada de Santa Clara en la ciudad. Toda ella, enmarcada por pilastras adosadas de orden dórica que sobresalen levemente para sostener la cornisa y con ella los pináculos que rematan cada uno de los laterales. En su eje central, acoge el portón de entrada con una hornacina en su parte alta que cumple el papel de ventana y en la que se sitúa la imagen de la Asunción de la Virgen, labrada en 1984 por Antonio Fabeiro. Ambos elementos enmarcados de nuevo, por pilastras adosadas y molduras con forma de volutas que juegan con los  entrantes y salientes tan recurrentes del estilo barroco. 

Ya en el interior, encontramos una planta de cruz latina, con la capilla mayor cuadrada, cubierta con una bóveda de cañón con pequeños lunetos excepto en el crucero, para lo que se vale de arcos fajones de medio punto que descansan sobre pilastras de orden toscana, generando con todo, una bóveda de arista.

En cuanto a mobiliario, debemos ter en cuenta la capilla mayor de estilo neoclásico, tallada con posterioridad a las obras del presbiterio hacia 1835. Sobre o su base, se levantan unas columnas de fuste liso y capitel compuesto, dividiendo el retablo en tres bandas. Reservando la central para el sagrario y una hornacina con cúpula de media naranja apoyada sobre columnas y en la que habita la Virgen bajo la advocación de la Asunción. Acompañando a esta, encontramos las imágenes del Sagrado Corazón de Jesús y de San Domingos. El conjunto se cierra formando un frontón triangular que sostiene dos columnas centrales, sobre el que se representa el triángulo con el ojo central rodeado de rayos celestiales, referencia al “ojo que todo lo ve”.

En lo referente al resto de retablos, observamos uno dedicado a la Inmaculada y otro a la Virgen del Rosario, ambos de factura moderna. En ellos, vemos las imágenes que conformarían a escena da Visitación, Santa Isabel y la Virgen; y la de Santa Lucía, ambas de comienzos del XVIII. Las tres, y sobre todo el conjunto escultórico, se presentan cargadas de movimiento, generando la teatralidad defendida por el barroco y dando lugar a una mayor interactuación entre las esculturas y entre estas con los fieles.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © Patrimonio relixioso de Brión | Concello de Brión