lunes, 29 de octubre de 2012

"AS CATEDRAIS DA AMAIA" O noso patrimonio relixioso




En Brión pódese facer un fermoso percorrido polas igrexas das diferentes parroquias, principais obras arquitectónicas e artísticas do concello. Ademais da capela de Santa Minia e a igrexa de Bastavales coa capela do Carme, coñecidas pola devoción que as acompañan, pódese visita-las igrexas parroquiais. A maioría delas dun estilo barroco que promocionaron as reformas no ámbito eclesiástico do século XVIII, como o caso da de San Salvador, Os Ánxeles, Boullón, Luaña, Cornanda, Viceso, Ons e Brión. Estas, ademais do propio edificio, adoitan acoller pezas de gran valor histórico e artístico e de prezada beleza, coma os retábulos, imaxes, ourivería, etc.

No percorrido polas diferentes parroquias e as numerosas aldeas que as compoñen, tamén nos podemos atopar con outros elementos importantes do noso patrimonio relixioso e que a día de hoxe están sendo motivo de estudo, obxetivo de rutas, e principais elementos conductores de antigos camiños, os cruceiros. Entre eles cabe destacar a orixinalidade do de Bemil, O Saramagal ou o de Boullón entre moitos outros; ou a antiguidade dos cruceiros de capeliña que salpican con fermosos exemplos, a totalidade do noso concello.

Voltando a grandiosidade dos templos parroquiais de Brión, que alguén cualificou como "as catedrais da Amaía", estamos ante magníficos exemplos onde o barroco galego mostrou todo o seu esplendor: a parroquial de San Xulián de Bastavales, de resoancias rosaliáns, coa capela do Carme ó pé e o adro ben murado, ofrecendo un magnífico miradoiro sobre o val; a dos Anxeles, que antes se denominaba de Santa María de Pérros e que conta cunha talla de Xesucristo que é unha verdadeira xoia; a de San Fins de Brión, cun requintado retablo; Santa María de Viceso, de proporcionada fachada propia dun barroco tardío; as neoclásicas de Santa María de Ons e San Xulián de Luaña, ésta conservando a primitiva cabeceira románica con xeitosas pinturas medievais e aquela cun retablo pétreo presidido por unha fermosa Virxe da Asunción, tamén de pedra traída da beira do Tambre; San Salvador de Bastavales, San Miguel de Boullón e Santa María de Cornanda.

Pero sin dúbida, un dos que maior interese garda é o Santuario de Santa Minia, construído no século XIX para honra-los restos da Santa traídos desde Cádiz por un devoto emigrante. Ten trazas de gran basílica e está a medio acabar, pero a súa relación coa carballeira centenaria, a Casa do Concello e a da Cultura, forman un espacio dos máis evocadores.
Sin esquecer O Tremo, situado ó pé da estrada Santiago-Noia, coa capela de Nosa Señora de Guadalupe, veciña do recoñecido Balneario e dunha fermosa arboreda no campo da festa.

Todos eles espazos cheos de encanto e gran valor histórico e artístico que nos abren as súas portas para que poidamos disfrutar da tradición relixiosa que ampara a nosa comunidade, e que deixa neste concello, prestisiosa pegada en forma dun admirable patrimonio construído.

______

"LAS CATEDRALES DE AMAIA" Nuestro patrimonio religioso

En Brión se puede hacer un hermoso recorrido por las iglesias de las diferentes parroquias, principales obras arquitectónicas y artísticas del municipio. Además de la capilla de Santa Minia y la iglesia de Bastavales con la capilla del Carmen, conocidas por la devoción que las acompañan, se pueden visitar las iglesias parroquiales. La mayoría de ellas de un estilo barroco que promocionaron las reformas en el ámbito eclesiástico del siglo XVIII, como el caso de la de San Salvador, Os Ánxeles, Boullón, Luaña, Cornanda, Viceso, Ons e Brión. Estas, además del propio edificio, suelen acoger piezas de gran valor histórico y artístico y de preciada belleza, como la de los retablos, imágenes, ourfebrería, etc.

En el recorrido por las diferentes parroquias y las numerosas aldeas que las componen, también nos podemos encontrar con otros elementos importantes de nuestro patrimonio religioso y que a día de hoy están siendo motivo de estudio, objetivo de rutas, y principais elementos conductores de antiguos caminos, los cruceros. Entre ellos cabe destacar la originalidad del de Bemil, O Saramagal o el de Boullón entre muchos otros; o la antigüedad de los cruceros de capillita que salpican con hermosos ejemplos, la totalidad de nuestro municipio.

Volviendo a la grandiosidad de los templos parroquiales de Brión, que alguien cualificó como "las catedrales de Amaía", estamos ante magníficos ejemplos donde el barroco gallego mostró todo su esplendor: la parroquial de San Julián de Bastavales, de resoancias rosaliáns, con la capilla del Carmen al pie y el patio de la iglesia bien murado, ofreciendo un magnífico mirador sobre el valle; la de Os Ánxeles, que antes se denominaba de Santa María de Pérros y que cuenta con una talla de Jesucristo que es una verdadera joya; la de San Felix de Brión, con un requintado retablo; Santa María de Viceso, de proporcionada fachada propia de un barroco tardío; las neoclásicas de Santa María de Ons y San Julián de Luaña, ésta conservando la primitiva cabecera románica con ajustadas pinturas medievales y aquella con un retablo pétreo presidido por unha hermosa Virgen de la Asunción, también de piedra traída de orillas del Tambre; San Salvador de Bastavales, San Miguel de Boullón y Santa María de Cornanda.

Pero sin duda, uno de los que mayor interes guarda es el Santuario de Santa Minia, construído en el siglo XIX para honrar los restos de la Santa traídos desde Cádiz por un devoto emigrante. Tiene trazas de gran basílica y está a medio acabar, pero su relación con la carballeira centenaria, la Casa del Concello y la de la Cultura, forman un espacio de los más evocadores.
Sin olvidar O Tremo, situado al pie de la carretera Santiago-Noia, con la capilla de Nuestra Señora de Guadalupe, vecina del reconocido Balneario y de una hermosa arboreda en el campo de la fiesta.

Todos ellos espacios llenos de encanto y gran valor histórico y artístico que nos abren sus puertas para que podamos disfrutar de la tradición religiosa que ampara s nuestra comunidade, y que deja en este municipio, prestigiosa pegada en forma de un admirable patrimonio construído.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © Patrimonio relixioso de Brión | Concello de Brión